Páginas

26/10/24

Taller de Familias: obradoiro de educación emocional!!!

Esta semana tivemos unha marabillosa sorpresa en Bibliobrozos.... a visita dunha nai de 3º de Primaria, Paola Micali, que realizou un obradoiro de emocións ao alumnado de 3ºE de EP.

Dado ao seu traballo como asesora familiar: traballando con pais e nais, impartindo diferentes talleres en colexios, librarías, centros de ocio... sobre a educación e a crianza, visitounos para que o alumnado aprendera e profundizase no ámbito das emocións a través de diferentes xogos.

En primeiro lugar comezou cun xogo para coñecerse un pouco máis entre o alumnado e a mestra. Despois realizaron o xogo, "o mimo das emocións", onde cada nen@ tivo que facer a mímica da emoción que lle tocaba e expresala, á vez, os demáis tiñan que adiviñala. Unha vez que acertaban a emoción, Paola profundizaba nela e ensinaba exemplos e términos máis correctos para expresar as emocións e non usar sempre os memos. 

Unha vez traballadas as emocións coa mímica, realizaron un bingo das emocións e a continuación un teatrillo con dados e bonecos para representar as historias que ían inventando.

Rematados os xogos, Paola, contoulles un conto: "El gran hotel de las emociones" un libro precioso, onde todas as emocións teñen cabida e hai sitio para todo o mundo. E para finalizar o taller, deulles a cada nen@ un agasallo: unha roda con todas as emocións!!!


Os nen@s desfrutaron, pasárono xenial e aprenderon un montón!!! 

Moitas grazas pola túa visita, Paola. Esperamos que volvas pronto!!!

E recordade... Bibliobrozos sempre está aberto para as peticións das familias!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario