Páginas

27/10/25

Celebrando o día das bibliotecas escolares... cun mercadillo solidario!

 


O 24 de outubro, os corredores do CEIP Ponte dos Brozos enchéronse de solidaridade, ilusión... e moitos libros viaxando a novos fogares! 📗

Durante toda a xornada clebramos o noso mercadillo solidario, unha actividade na que o alumnado podía levarse un libro a cambio de doar un alimento. 🍞

O obxectivo era doble: fomentar a lectura e, ao mesmo tempo, axudar a quen máis o necesita. Gracias á xenerosidade de todos os participantes, reunimos unha gran cantidade de productos.

Dende a biblioteca queremos agrader a participación e o entusiasmo de todo o alumnado, profesorado e familias que fixeron posible esta iniciativa. Entre todos e todas demostramos que ler tamén pode ser un acto solidario. 💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario