Chegaron cun carro de comida de grandes dimensións do que surxiron infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e un montón de elementos e artefactos cos que cociñar música.
Foi unha mañá que deixou moi bo sabor de boca!!!
Chegaron cun carro de comida de grandes dimensións do que surxiron infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e un montón de elementos e artefactos cos que cociñar música.
Foi unha mañá que deixou moi bo sabor de boca!!!
Grazas a ela comezaron un gran proxecto!!! Cal será o seguinte paso??
Moitas grazas, Marilé!!!
Xa están aquí as de novidades de maio en Bibliobrozos!!!
Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.
Os rapaces/zas, que leran na aula o seu libro, estaban desexando coñecer curiosidades e anécdotas que Celtia lles resolveu e lles ampliou moito máis. Ademáis, estiveron debatindo dos valores que ten o libro como: o compañerismo, o saber perder, o traballo en equipo, o valor da amizade, o respeto polos gustos e diferenzas dos demáis... E para rematar a charla, Celtia asinou todos os libros ao alumnado, quedaron encantad@s!!!
Moitas grazas polo túa visita, Celtia!!
O alumnado tivo que traballar en equipos cos maiores para resolver diferentes probas. A primeira proba foi unha ronda de preguntas sobe nomes de contos e autores, a compenetración entre os maiores e alumnos/as fixo que contestaran todas moi ben. Despois de superar esta proba, pasaron a realizar un encrucillado sobre persoxanes de contos e nomes dos autores.
Para rematar tiveron que seguir unha serie de pistas para atopar un libro de Cervantes que lles levaría a atopar un cofre cun tesouro dentro, uns agasallos!!! Unhas sementes para cada un/unha: plantar unha semente é como abrir un mundo por descrubir
Pasárono xenial e desfrutaron moitísimo.
Moitas grazas a residencia de maiores con convidarnos!!
Moitas grazas aos padriños e madriñas por facer desta semana inesquecible!!
Pinchade na ligazón para escoitar o conto: O pirata metepata.