20/12/22
Agasallos polo Nadal!!!
Creamos un rincón de xogos!!!
Un Nadal cheo de lecturas!!
O Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega compartímosvos as recomendacións de lectura para este Nadal.
Tamén aproveitamos para desexarvos unhas moi Felices Festas e unha moi boa entrada no Ano Novo.
19/12/22
Obradoiro de Haikus!!
Preguntarédesvos que son os Haikus, vóuvolo contar:
-Haiku é un tipo de poesía xaponesa, un poema breve que conecta coa emoción e coa natureza. Ten 3 versos e non ten rima.
O alumnado de 5º de Primaria xa pasou por Bibliobrozos para facer os seus Haikus en forma de pai pai... E xa temos todo preparado para que en xaneiro pasen máis nenos e nenas a facer os seus Haikus!!
18/12/22
Intercambio de recomendacións lectoras con Bibliorrato de Santa Comba!!!
Chegan as Festas... e que mellor maneira de celebralas que compartindo recomendacións de contos con outros nen@s?
Para esta ocasión falei cos meu amigo: Bibliorrato😺, do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba, para intercambiamos unhas marabillosas cartas e agasallos.
Moi emocionad@s, o alumnado de 3º de Primaria decorou e escribiu nunha bóla de Nadal, os libros que máis lles gustaron para recomendar aos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria de Santa Comba. Ademáis das bólas, cada clase escribiulles unha carta para presentarse.
Do mesmo modo, o alumnado de Bibliorrato, mandáronnos unha carta por aula e un montón de calcetíns navideños cheos de recomendacións de contos.
Moitas grazas por compartir as vosas lecturas!!
Seguiremos en contacto!!!
13/12/22
É Nadal en Bibliobrozos!!!
En Bibliobrozos xa é Nadal e por iso temos preparada a nosa carta para pedir que nos traian unha morea de libros. E vós, a tedes feita? Seguro que sí, pero para que non vos olvidedes de pedir algún libro nestas Festas, xa temos preparada unha carta para que cubrades.
Un adorno para que colguedes da árbore, da ventá, da cheminea, na vosa habitación... e poñades o libro que vos gustaría ter nestas datas.
Estou desexando ver que libros pedides!!!
E non olvidedes que nos andeis de Biblibrozos vos esperan moitos libros de Nadal para que desfrutedes destas Festas en compañía dun bo libro. Botade un 👀 as novidades!!
Lapbooks de experimentos de 5º e 6º de Primaria!!
Aquí podedes ver algúns deles!!
Están a vosa disposición para o préstamo e consulta!! Son unha auténtica marabilla!!👌
Contacontos en Infantil!!
Onte visitaron a nosa Aula de contos unhas alumnas da universidade da Coruña que están estudando moito para ser profes de Educación Infantil.
Fixéronnos unha sesión de contacontos da man da súa mascota: a galiña Carmiña coa que cantamos, escoitamos o conto do galo Quirico, xogamos as adiviñas e ata aprendemos o nome dos dedos da man cun xogo moi divertido.
Pasámolo xenial e rematamos a sesión pintando un mural!!
Grazas pola visita, esperamos vervos pronto!!