18/12/21

É Nadal en Bibliobrozos!!

Non sei se sabedes que me encantan as festas, sobre todo o Nadal porque gústame estar en familia, tomarme un chocolate quentiño mentres leo un libro, regalar contos aos meus seres queridos e... porque entusiásmame ver que os nenos e nenas do CEIP Ponte dos Brozos piden nestes Festas libros para ler nas vacacións😊

Tanto me gusta o Nadal, que deixei dous agasallos na biblioteca:

- O conto de "Crispín el cerdito que lo tenía todo" aos rapaces/zas de primeiro para que as mestras, que coidan da biblioteca, llo contaran a eles/as.

- Unha bola navideña, para que cada neno/a a decore e pida o libro que lle gustaría que lle regalen nestas Festas. 



E se a vós vos gusta tanto o Nadal coma a mín, aquí vos deixo un catálogo de libros sobre esta temática que podedes atopar nos andeis da biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario