Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

22/4/24

Contacontos musical en Infantil!!

Os nenos e nenas, das clases de 4 anos, puideron desfrutar das cancións do compositor e músico, Luis Vallecillo. 

Con él achegáronse máis á nosa lingua galega e aos versos da nosa querida Rosalía de Castro, e cantaron con él cancións como "Despacito", "O bigote de Mimí" e convertéronse nunhas galiñas bailongas.


Paárono xenial!!

Contacontos en 2º de EP!!

Hoxe tivemos a visita de Sabela Gago que recibiu aos nen@s de 2º de Primaria para contarlles un conto: Martiño e o lapis máxico. 

Desfrutaron da historia de Martín, un neno que atopou na súa imaxinación a mellor forma de resolver os seus problemas e nun lapis a mellor ferramenta para conseguilo.

Pasárono xenial!! Moitas grazas, Sabela!!

19/6/23

Rematamos o Brocicurso con contacontos de familias!!

Hoxe demos por finalizadas as actividades de Bibliobrozos, e que mellor maneira que despedir o curso en compañía das familias?  Pois iso foi o que pensou Eva María Fernández, unha nai de 3ºA de EP, que volveu a visitarnos para contarlles dous contos ao alumnado de 3º.

Nesta ocasión contoulles "A estraña sorpresa" e "A estraña familia" para completar a triloxía que comenzara na anterior visita. 

Moitas grazas pola túa visita!!! Esperamos verte para o vindeiro curso😉!!!

31/5/23

Contacontos en 2º de Primaria

Hoxe volveu pasar por Bibliobrozos... o Contacontos, Benxamín Míguez!!! 

Nesta ocasión visitou ao alumnado de 2º de Primaria para contarlles os seus diferentes contos e mostrar os personaxes cos seus debuxos. 

Moitas grazas por volver a visitarnos!!

30/5/23

Contacontos en 3 anos!!

Hoxe volveunos visitar o contacontos, Manuel Fernández, que veu contar: "Coidado coa charca" da editorial Bululú, aos nen@s de 3 anos. 


Moitas grazas pola túa visita, pasárono xenial!!



25/5/23

Contacontos sobre Maruxa Mallo

Onte pasou por Bibliobrozos un Contacontos para o alumnado de 1º de Primaria. Este Contacontos veu de parte do equipo de "Donas de Sí" para contarlles a historia de Maruxa Mallo. 

Despois da historia, a rapazada, foi creando os seus propios debuxos da protagonista. 

Moitas grazas pola visita.

27/4/23

Contacontos das Familias!!

Hoxe tivemos unha marabillosa sorpresa en Bibliobrozos.... A visita dunha nai de 3º de Primaria, Eva María Fernández Vázquez, que quixo vir festexar a Semana do Libro contándolles dous contos ao alumnado de 3ºA de EP.

Elexiu o seu libro infantil preferido, "O Grúfalo" e tamén a "A estraña visita". Para o primeiro conto creou un clima acolledor con música de fondo e comezou a dar vida aos personaxes. No segundo libro, pediu a participación do alumnado para que recitaran e fixeran os sons dos diferentes obxectos.

Os nen@s desfrutaron, pasárono xenial e querían outro conto máis!!! Sen dúbida, podemos afirmar que é unha fantástica Contacontos!!

Moitas grazas pola túa visita e esperamos que volvas pronto!!!

E recordade... Bibliobrozos sempre está aberto para as peticións das familias!!

26/4/23

Visita dun Contacontos para 1º de Primaria!!

Hoxe pasou por Bibliobrozos... o Contacontos, Benxamín Míguez!!! 

Visitou ao alumnado de 1º de Primaria para contarlles diferentes contos e facelos protagonistas deles. Ademáis, según ía contando as historias, tamén ía debuxando os personaxes. 

Ao final da sesión, deixoulles como agasallo as marabillosas ilustracións dos contos.

Moitas grazas pola visita, Benxamín!!! 

14/3/23

Teatro de títeres: Lúa quere viaxar a....Marte!!

Hoxe, o alumnado de 4 e 5 anos de Infantil, desfrutou dun teatro de títeres do conto: Lúa quere viaxar a...Marte!! A cargo da Xanela do Maxín.

A representación contou a historia do soño de Lúa, ser astronauta. Ela cóntalle aos seus achegados que quere viaxar a Marte e que a pesar de todas as dificultades  está disposta a conseguir o seu soño.

Para loitar polo que quere, toma como referente a moitas mulleres científicas, astronautas, investigadoras...para poder superar todos os obstáculos que se atopará polo camiño. 

Un conto cheo de maxia que fomenta a igualdade entre homes e mulleres.

Grazas pola visita!!!



31/1/23

Contacontos en Infantil: Diferentes Diferenzas!!!

Hoxe tivemos a visita dun contacontos, Manuel Fernández, que veu contar: "Diferentes Diferenzas" da editorial Bululú, aos nen@s de 4 anos. 

O alumnado desfrutou dos diversos e diferentes protagonistas: un  elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha... unha chea animais que utilizan as súas características particulares para desfrutar da vida, á vez, que potencian a amizade e o respeto polas diferenzas.

Darlle as grazas a Manu por adicarnos o seu valioso tempo.
Volve pronto!!!!

13/12/22

Contacontos en Infantil!!

Onte visitaron a nosa Aula de contos unhas alumnas da universidade da Coruña que están estudando moito para ser profes de Educación Infantil. 


Fixéronnos unha sesión de contacontos da man da súa mascota: a galiña Carmiña coa que cantamos, escoitamos o conto do galo Quirico, xogamos as adiviñas e ata aprendemos o nome dos dedos da man cun xogo moi divertido. 


Pasámolo xenial e rematamos a sesión pintando un mural!!


Grazas pola visita, esperamos vervos pronto!!

31/5/22

Novas visitas a Bibliobrozos!!

Empezou forte a semana en Bibliobrozos!!! A rapazada de 3 anos tivo a visita da Contacontos Sabela Gago. 

Por outra banda, a escritora Érica Esmorís estivo falando do seu libro ao alumnado de 5º de Primaria.

Moitas grazas pola visita!!



16/5/22

Visita do Contacontos Benxamín Miguez!!

O venres tivemos a visita de Benxamín Míguez que estivo deleitando ao alumnado de 2º e 3º de Primaria con diferentes contos. 
Os nen@s foron os protagonistas desas historias tan máxicas e ademáis, Benxamín deixoulles como agasallo unhas marabillosas ilustracións dos contos.

Moitas grazas pola visita, Benxamín!!!

28/4/22

Visita de Sabela Gago!!

Antonte tivemos a visita de Sabela Gago que recibiu aos nen@s de 1º de Primaria para contarlles un conto: Martiño e o lapis máxico. 

Desfrutaron do contacontos participando activamente a través de xogos dramáticos. Pasárono xenial!!


Moitas grazas, Sabela!!



19/4/22

Visita de Anxo Moure

Hoxe os nenos de catro e cinco anos de Infantil recibiron unha visita na Aula de Contos, nin mais nin menos que a do meu amigo, Anxo Moure!!!

Anxo contoulles unha historia dun home lobo que visita o colexio: Pes de Lobo. Ademais, contou coa axuda da Lobiña Ramona e a través dos contos levou aos nen@s por distintas paraxes da nosa xeografía fomentando o coidado do medio ambiente e coñecendo a nosa natureza.

Moitas grazas pola túa visita, Anxo!! 

                                                                          Volve pronto!!!