Mostrando entradas con la etiqueta familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta familias. Mostrar todas las entradas

19/6/23

Rematamos o Brocicurso con contacontos de familias!!

Hoxe demos por finalizadas as actividades de Bibliobrozos, e que mellor maneira que despedir o curso en compañía das familias?  Pois iso foi o que pensou Eva María Fernández, unha nai de 3ºA de EP, que volveu a visitarnos para contarlles dous contos ao alumnado de 3º.

Nesta ocasión contoulles "A estraña sorpresa" e "A estraña familia" para completar a triloxía que comenzara na anterior visita. 

Moitas grazas pola túa visita!!! Esperamos verte para o vindeiro curso😉!!!

27/4/23

Contacontos das Familias!!

Hoxe tivemos unha marabillosa sorpresa en Bibliobrozos.... A visita dunha nai de 3º de Primaria, Eva María Fernández Vázquez, que quixo vir festexar a Semana do Libro contándolles dous contos ao alumnado de 3ºA de EP.

Elexiu o seu libro infantil preferido, "O Grúfalo" e tamén a "A estraña visita". Para o primeiro conto creou un clima acolledor con música de fondo e comezou a dar vida aos personaxes. No segundo libro, pediu a participación do alumnado para que recitaran e fixeran os sons dos diferentes obxectos.

Os nen@s desfrutaron, pasárono xenial e querían outro conto máis!!! Sen dúbida, podemos afirmar que é unha fantástica Contacontos!!

Moitas grazas pola túa visita e esperamos que volvas pronto!!!

E recordade... Bibliobrozos sempre está aberto para as peticións das familias!!