Mostrando entradas con la etiqueta Díadapoesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Díadapoesía. Mostrar todas las entradas

12/3/23

Día Internacional da Muller e Día Mundial da Poesía!!!

Neste 8M tivemos unha chea de actividades organizadas polo Equipo de Convivencia, que contou coa colaboración dos integrantes do proxecto "Donas de sí" e do Equipo de Biblioteca. 

En Educación Infantil traballaron a lectura do conto: "el niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa" e realizaron diferentes actividades sobre as mulleres da súa vida.

Ademáis, o alumnado recibiu un agasallo por parte do Concello de Arteixo e  do CIM, o libro dos "Bolechas" sobre o Día da Muller.




En Primaria propúxose a lectura de diferentes libros e un concurso por ciclos: 

-Primeiro ciclo: a lectura do conto "Mamá robot" e un concurso de debuxos con lemas.

-Segundo ciclo: a lectura dalgunha poesía do libro "Feminino singular, en plural" e un concurso de poemas.

-Terceiro ciclo: a lectura do conto "A nena lectora" e un concurso de microrrelatos.




Por outra banda, festexamos o Día Mundial da Poesía, que se conmemora o día 21, proporcionando un material para traballar algúns poemas de Gloria Fuertes e do libro "Feminino, singular en plural"

A maiores, o alumnado fixo fóra do concurso diferentes poemas sobre as mulleres máis importantes da súa vida que recompilaron nun mural.

Por último, compartimos as lecturas que se poden atopar en Bibliobrozos para traballar a igualdade e a vida de moitas mulleres importantes da historia

20/3/22

Dia Mundial da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, en BiblioBrozos festexamos o Día da Poesía a través da realización de diferentes caligramas e do seu recitado. 

A continuación poderedes ver os caligramas que fixeron o alumnado de diferentes cursos. En cada caligrama hai  un código QR, que se o escaneades, poderedes escoitar o recitado do poema.

Desfrutade dos recitados!!

E aquí vos deixo, según o poeta Fran Alonso,  os 5 motivos  esenciais para ler poesía.

FELIZ DÍA!!!