Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

21/12/23

En Infantil axudan a Brociños na busca dun Elfo!!!

En Infantil recibiron a visita dun Elfo moi traveso que chegou ao colexio a través da lectura do conto: The Elf on the Self.

Como ao Elfo lle gustaban tanto facer trasnadas, Brociños pediulle aos rapaces/zas de Infantil que lle axudaran a arranxar as travesuras que fixera e onde o podería atopar para telo controlado. 

Pasárano xenial coas travesuras!!










Recomendando contos na Biblioteca Municipal Henrique Rabuñal de Arteixo!!

Os nen@s de Bibliobrozos son uns grans lectores, só hai que mirar as largas colas que se forman nos recreos para coller libros, por iso, propuxemos que recomendaran os seus libros preferidos a outros nen@s doutra biblioteca e así compartir aventuras de contos. 

O alumnado de 4º de EP decorou uns adornos de Nadal no que recomendaron os contos que estiveron a ler durante este trimestre. Estas recomendacións foron a Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo, onde calquera nen@ usuario da biblioteca poderá visitar a biblioteca para ir a ler, coller libros... e de paso levar unha recomendación do noso alumnado.

Moitas grazas a Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo por unirse a esta iniciativa e desexamos que nestas Festas haxa algún libro como agasallo.



Pedindo libros polo Nadal!!

En Bibliobrozos xa temos preparada a nosa carta para pedir que nos traian unha morea de libros. E vós, a tedes feita? Seguro que sí, pero para que non vos olvidedes de pedir algún libro nestas Festas, xa temos preparada unha carta para que cubrades.

Un adorno para que colguedes da árbore, da ventá, da cheminea, na vosa habitación... e poñades o libro que vos gustaría ter nestas datas.



Estou desexando ver que libros pedides!!!

20/12/23

Pide un conto este Nadal!!

O Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega compartímosvos as recomendacións de lectura para este Nadal.

Tamén aproveitamos para desexarvos unhas moi Felices Festas e unha moi boa entrada no Ano Novo.

20/12/22

Agasallos polo Nadal!!!

Visitar o colexio e ver todas as bólas de Nadal cos libros que queredes que vos regalen nestas Festas é unha auténtica marabilla😍

Eu tamén fixen as miñas peticións para que en xaneiro, Bibliobrozos, se encha de novas aventuras de: Agus e os monstros, Marcus Pocus, Amanda Black, Max Burbuja...

En Infantil tamén fixeron as súas bólas















Espero que pasedes unhas moi merecidas vacacións acompañad@s sempre dun libro!!

E recordade... un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez!!

Creamos un rincón de xogos!!!

Non quería marchar de vacacións sen antes darvos unha gran sorpresa: temos un rincón de xogos!!!

Aparte dos contos tamén encántanme os xogos educativos... e a partir de agora cada vez que veñades a Bibliobrozos teredes un rincón para traballar: a lóxica, o cálculo, a lectoescritura, a memoria...

Estou desexando ver como os desfrutades!!!


Un Nadal cheo de lecturas!!

O Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega compartímosvos as recomendacións de lectura para este Nadal.

Tamén aproveitamos para desexarvos unhas moi Felices Festas e unha moi boa entrada no Ano Novo.

18/12/22

Intercambio de recomendacións lectoras con Bibliorrato de Santa Comba!!!

Chegan as Festas... e que mellor maneira de celebralas que compartindo recomendacións de contos con outros nen@s? 

Para esta ocasión falei cos meu amigo:  Bibliorrato😺, do  CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba, para intercambiamos unhas marabillosas cartas e agasallos.

Moi emocionad@s, o alumnado de 3º de Primaria decorou e escribiu nunha bóla de Nadal, os libros que máis lles gustaron para recomendar aos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria de Santa Comba. Ademáis das bólas, cada clase escribiulles unha carta para presentarse. 

Do mesmo modo, o alumnado de Bibliorrato, mandáronnos  unha carta por aula e un montón de calcetíns navideños cheos de recomendacións de contos. 

Moitas grazas por compartir as vosas lecturas!!

Seguiremos en contacto!!!



13/12/22

É Nadal en Bibliobrozos!!!

En Bibliobrozos xa é Nadal e por iso temos preparada a nosa carta para pedir que nos traian unha morea de libros. E vós, a tedes feita? Seguro que sí, pero para que non vos olvidedes de pedir algún libro nestas Festas, xa temos preparada unha carta para que cubrades.

Un adorno para que colguedes da árbore, da ventá, da cheminea, na vosa habitación... e poñades o libro que vos gustaría ter nestas datas.

Estou desexando ver que libros pedides!!!

E non olvidedes que nos andeis de Biblibrozos vos esperan moitos libros de Nadal para que desfrutedes destas Festas en compañía dun bo libro. Botade un 👀 as novidades!!

18/12/21

É Nadal en Bibliobrozos!!

Non sei se sabedes que me encantan as festas, sobre todo o Nadal porque gústame estar en familia, tomarme un chocolate quentiño mentres leo un libro, regalar contos aos meus seres queridos e... porque entusiásmame ver que os nenos e nenas do CEIP Ponte dos Brozos piden nestes Festas libros para ler nas vacacións😊

Tanto me gusta o Nadal, que deixei dous agasallos na biblioteca:

- O conto de "Crispín el cerdito que lo tenía todo" aos rapaces/zas de primeiro para que as mestras, que coidan da biblioteca, llo contaran a eles/as.

- Unha bola navideña, para que cada neno/a a decore e pida o libro que lle gustaría que lle regalen nestas Festas. 



E se a vós vos gusta tanto o Nadal coma a mín, aquí vos deixo un catálogo de libros sobre esta temática que podedes atopar nos andeis da biblioteca.