21/12/23

Recomendando contos na Biblioteca Municipal Henrique Rabuñal de Arteixo!!

Os nen@s de Bibliobrozos son uns grans lectores, só hai que mirar as largas colas que se forman nos recreos para coller libros, por iso, propuxemos que recomendaran os seus libros preferidos a outros nen@s doutra biblioteca e así compartir aventuras de contos. 

O alumnado de 4º de EP decorou uns adornos de Nadal no que recomendaron os contos que estiveron a ler durante este trimestre. Estas recomendacións foron a Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo, onde calquera nen@ usuario da biblioteca poderá visitar a biblioteca para ir a ler, coller libros... e de paso levar unha recomendación do noso alumnado.

Moitas grazas a Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo por unirse a esta iniciativa e desexamos que nestas Festas haxa algún libro como agasallo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario