Mostrando entradas con la etiqueta Visitadeescritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visitadeescritores. Mostrar todas las entradas

25/5/23

Volve visitarnos Pere Tobaruela!!

Hoxe volveu pasar por Bibliobrozos o escritor, Pere Tobaruela!!

Nesta ocasión veu visitar ao alumnado de 5º de Primaria porque estiveron lendo o libro de Formig4s: Misión  Rosalía.

Moitas grazas por volver a visitarnos!!!

9/5/23

Visita de Ledicia Costas!!

Hoxe pasou por Bibliobrozos... a escritora, Ledicia Costas!! 

Veu visitar ao alumnado de 3º e 4º de Primaria para falar dos seus libros, "Os Minimortos". 

Ledicia contoulles moitas curiosidades sobre os protagonistas dos contos,  respondeu a todas as dúbidas do alumnado e por último, firmou con moito agarimo os libros que mercaran os nen@s.

Moitas grazas pola túa visita!!!

24/4/23

Visita do escritor Pere Tobaruela!!!

Hoxe pasou por Bibliobrozos... Pere Tobaruela!!! O magnífico autor da colección Formig4s!!

Veu visitar ao alumnado de 6º de Primaria porque estiveron lendo o libro de Formig4s: Misión  Camiño de Santiago.

Nesta charla, contoulles diferentes anécdotas dos libros: como inventou os nomes, porque elixiu as formigas como protagonistas, cal vai a ser a seguinte aventura delas... Unha morea de información que fixo que pasara a sesión voando!!

Estamos desexando ler o seguinte libro da colección e de que volvas a visitarnos.

Moitas grazas pola visita!!!

12/5/22

Visita de Érica Esmorís

Hoxe os nenos e nenas de 4º de Primaria tiveron a visita de Érica Esmorís, unha marabillosa escritora coruñesa. Veulles falar do se conto: "Patio de Luces" que recibiu o premio de literatura infantil da cidade de Málaga. 

Érica falou de como se inspirou á hora de escribir o libro, de onde sacou as personaxes, de canto tempo lle levou escribilo... e seguindo a temática do conto invitoulles a facer un xogo con ela. 

Por último, resolveu as curiosidades do alumnado, firmou varios exemplares e lle dimos un agasallo para que non se que esqueza de nós e volva pronto.

                                                    Moitas grazas!!!