En Educación Infantil traballaron a lectura do conto: "el niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa" e realizaron diferentes actividades sobre as mulleres da súa vida.
Ademáis, o alumnado recibiu un agasallo por parte do Concello de Arteixo e do CIM, o libro dos "Bolechas" sobre o Día da Muller.
-Primeiro ciclo: a lectura do conto "Mamá robot" e un concurso de debuxos con lemas.
-Segundo ciclo: a lectura dalgunha poesía do libro "Feminino singular, en plural" e un concurso de poemas.
-Terceiro ciclo: a lectura do conto "A nena lectora" e un concurso de microrrelatos.
Por outra banda, festexamos o Día Mundial da Poesía, que se conmemora o día 21, proporcionando un material para traballar algúns poemas de Gloria Fuertes e do libro "Feminino, singular en plural"
No hay comentarios:
Publicar un comentario