13/12/22

Contacontos en Infantil!!

Onte visitaron a nosa Aula de contos unhas alumnas da universidade da Coruña que están estudando moito para ser profes de Educación Infantil. 


Fixéronnos unha sesión de contacontos da man da súa mascota: a galiña Carmiña coa que cantamos, escoitamos o conto do galo Quirico, xogamos as adiviñas e ata aprendemos o nome dos dedos da man cun xogo moi divertido. 


Pasámolo xenial e rematamos a sesión pintando un mural!!


Grazas pola visita, esperamos vervos pronto!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario