26/3/25

Contacontos en 3 e 4 anos de Infantil!!

A nosa querida Celtia Figueiras, da Xanela do Maxín, trouxo a Aula de Contos o seu espectáculo: sorpresa!! Catro caixas con catro sorpresas para o alumnado de 3 e 4 anos. 

Que había dentro das caixas? Agasallos sorpresa baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e… repartir!) cos que creou contos sorprendentes, fomentando a curiosidade e a imaxinación dos pequechos.

Sen dúbida, foi unha mañá moi divertida na que aprenderon a importancia de compartir e repartir, da reciclaxe e da necesidade e importancia de coidar o noso planeta.


Grazas pola túa visita!! Volve pronto!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario