24/4/22

Día do Libro!!!


Chegou o meu día preferido!!! E dende Bibliobrozos festexamos o Día do Libro con diferentes actividades:

-Realizando un xogo de pistas na biblioteca.

-Desfrutando de varios xogos: buscar diferenzas, adiviñar pistas... dentro das aulas.

-Visitando á biblioteca para sacar unha foto no photocall.


- E... facendo os contos embotellados en familia. Aproveito para dar as grazas ás familias pola súa participación e implicación nesta actividade, foi precioso ver os vosos contos e como asolagastes de maxia e fantasía os corredores do colexio. Graciñas!!!

Aquí tedes dous vídeos dalgúns dos contos embotellados:

E os diferentes xogos que se levaron a cabo nas aulas:






FELIZ DÍA DO LIBRO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario