30/9/22

Inauguramos un novo Brocicurso!!!

Que gañas tiña de que comezara o curso... botaba moito en falta ver a biblioteca chea de nen@s collendo e lendo libros nela!!! Pero xa estamos de novo en marcha!!😄

Este curso ídevos preparando porque vai haber moitas novidades:

- Moitos, moitos, pero moitos... libros novos. 

Obradoiros variados e moi chulos: mindfullnes, creación de personaxes...

- Contacontos, teatro de títeres e visita de autores.

- Canal de vídeos nos que poderedes participar.

- É... moitas mais sorpresas. 

Ide visitando á biblioteca nos recreos para estar enterad@s de todo!!!

Esta semana comezamos a nosa andadura ensinando ao alumnado de 1º de Primaria a organización e funcionamento da biblioteca. E, como non, coñeceron o meu conto preferido "Calvin no sabe volar" e recibiron o meu agasallo: o máxico "Brocicolgante" que lles dará poder para ler moito mellor. 


ASINADO


No hay comentarios:

Publicar un comentario