28/11/22

25N: todos xuntos dicimos que non!!!

Para esta ocasión colaboramos co Equipo de Convivencia para traballar a sensilbilización ante todas as formas de violencia, o respecto e a igualdade a través da lecturas de varios libros.

Cada ciclo traballou diferentes contos:

-En Infantil leron o "monstro pequeno di non". A través deste conto o alumnado elaborou unha árbore pola non violencia, decorándoa coas súas máns de cor violeta💜

-No 1º ciclo de Primaria leron "Daniela Pirata". Despois da lectura fixeron mensaxes en botella para reforzar o significado do 25N.


-No 2º ciclo de Primaria leron "Cuando las niñas vuelen alto". A partires do libro os nen@s colorearon e escribiron mensaxes en plumas para crear unhas ás. 


-No 3º ciclo de Primaria leron "La igualdad entre hombres y mujeres no es ninguna broma". Con este libro desmontaron mitos sobre o amor e os roles de xénero, e elaboraron as súas máns para formar un "NON".

E por último, deixamos a selección de libros para esta data:

No hay comentarios:

Publicar un comentario