18/11/22

Semana de experimentos nos recreos!!

Con motivo do
Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, durante esta semana tivemos diferentes experimentos nos recreos de Bibliobrozos. 

O alumnado voluntario de 6º de Primaria veu a biblioteca para explicar ao resto de nenos e nenas de toda Primaria os experimentos que tiñan preparados. 

Houbo experimentos de tódolos tipos: dende como facer pasta de dentes para elefantes, como crear un arco da vella, como crear un líquido non newtoniano...

Darlle as grazas aos pequenos científi@s por querer compartir e explicar os seus experimentos cos demáis, foi unha auténtica marabilla e todo un éxito!!! 

Pero a cousa non queda ahí.... A vindeira semana seguiremos cos experimentos nos recreos, pero nesta ocasión tócalle a quenda ao alumnado de 5º de Primaria.





No hay comentarios:

Publicar un comentario