Esta semana comezaron a viaxar polas aulas de cada ciclo as mochilas viaxeiras da Igualdade.
É unha iniciativa do equipo "Donas de si" coa colaboración do equipo de Biblioteca.
Trátase de achegar material textual para poder desenvolver a temática da igualdade nas aulas e a visibilización dos logros das mulleres ao longo da historia.
Os obxectivos fundamentais que persegue son, entre outros, visibilizar e pór en valor a participación e produción das mulleres, recoñecer o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e contribuir ao desenvolvemento das competencias clave (CSC e CCL fundamentalmente), á coeducación e a educación para a igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario