8/5/23

Animación á lectura para 3º e 4º!!

Hoxe volveu visitarnos, Victoria Pérez, unha marabillosa contacontos. 

Nesta ocasión pasou por Bibliobrozos para facer unha actividade ao alumnado de 3º e 4º de Primaria, unha animación do conto: "Bruxa e familia" de Paula Carballeira. 

O alumnado desfrutou dunha teatralización do conto no que foron eles os actores e actrices. Unha actividade moi divertida e entretida na que reviviron as historias da nena bruxa rodeada da súa familia de animaliños. 

Moitas grazas por volver visitarnos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario