22/4/24

Día do Libro: Canto contamos!!!

Este ano para festexar o Día do Libro, ademáis de facer os apadriñamentos e amadriñamentos (que estanse a realizar toda esta semana) o alumnado quixo compartir con toda a comunidade educativa as súas creacións literarias.

Na entrada ao colexio poderedes atopar uns carteis con códigos Qr para escanear. Estes vos levarán a unha carpeta cos contos que realizaron os nenos e nenas, das clases que quixeron participar nesta actividade tan fermosa. 

Así pois... se vos apetece desfrutar da lectura duns contos, pasade polo colexio e que neste Día do Libro, un conto vos acompañe!!

Felíz día do Libro!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario