En Bibliobrozos estamos de celebración... chegou o Día do libro!!! Dentro das diversas actividades que temos para este gran día, pensamos que unha gran maneira de festexelo é intercambiando marcapáxinas con nen@s doutro colexio.
Por iso, para esta ocasión falei co meu amigo: Lecturín, do CEIP de Olveira, de Ribeira, para que o alumnado de 6 º fixera un intercambio de marcapáxinas.
Moi emocionad@s, o alumnado de 6º D de Primaria diseñou e realizou, con moito agarimo, os seus marcapáxinas.
Do mesmo modo, o alumnado de 6º de Primaria de Lecturín, mandáronnos os seus fantásticos marcapáxinas.
Moitas grazas por compartir as vosas creacións!!
Seguiremos en contacto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario