Neste Samaín, Bibliobrozos vestiuse de gala coa decoración terrorífica para recibir aos rapaces/zas e que desfrutaran da gran exposición de libros sobre a temática.
En Infantil, o alumnado de 3 anos realizou un conxuro máxico, bailaron as canción dos esqueletes e tamén tiveron un contacontos dos libros: "Zoy un vampiro" e "Corre, corre, cabaciña"
O alumnado de 4 anos visitou a aula de contos para ver teatralizado o conto "Os tres porquiños" e despois fixeron unha receita de babas de verme!!!
E en 3º de Primaria desfrutaron do contacontos co libro "Pequeños monstruos"
Pasárono de medo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario