21/1/25

Teatro de títeres en Infantil!!

Hoxe, o alumnado de 5 anos de Infantil desfrutou dun teatro de títeres do conto: Lúa quere viaxar a...Marte!! A cargo da súa autora: Celtia Figueiras.

A representación contou a historia do soño de Lúa, ser astronauta. Ela cóntalle aos seus achegados que quere viaxar a Marte e que a pesar de todas as dificultades  está disposta a conseguir o seu soño.

Para loitar polo que quere, toma como referente a moitas mulleres científicas, astronautas, investigadoras...para poder superar todos os obstáculos que se atopará polo camiño. 

Un conto cheo de maxia que fomenta a igualdade entre homes e mulleres. 

Grazas pola visita, Celtia!!! Foi un auténtico pracer!!!

Ata a próxima!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario