13/6/25

Grazas, Minibibliotecari@s!!!

Hoxe festexamos, por todo o alto, o gran traballo levado a cabo pol@s Minibibliotecari@s!!!

Durante todo o curso estiveron vindo nos recreos para axudarnos a facer préstamos, devolucións, colocar, decorar e asesorar ao alumnado para buscar e recomendar contos.

Por iso, quedaron convidad@s a unha festa para agradecerlles a súa implicación, colaboración e espectacular traballo. Nesta festa festexamos todos xunt@s cunha merenda e cuns agasallos.

MOITAS GRAZAS!!! Foi un pracer compartir traballo con todos vós!!! E agora... toca esperar aos nov@s Minibibliotecari@s para o vindeiro curso!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario