A biblioteca volve abrir as súas portas este 23 de abril!
Con motivo do Día do Libro, a nosa biblioteca reabre e queremos celebralo convosco da mellor maneira: rodeados de historias, imaxinación e ganas de compartir.
A partires de hoxe, os nenos e nenas poderedes volver a desfrutar das instalacións e recursos da nosa biblio: xogos, espazos de lectura libre e, por suposto, o noso servizo de préstamo, que estará de novo dispoñible para que levedes para a casa novas aventuras. 🏡
Será unha ocasión perfecta para reencontrarnos, redescubrir os nosos recunchos favoritos e dar a benvida a novas persoas lectoras. Tanto se vides na procura da vosa próxima lectura como se simplemente queredes pasar un bo anaco, aquí atoparedes o voso lugar.
Agardámosvos! 📘😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario