Este venres, puxemos peche ao curso escolar 2025-26 cunha obra de teatro adaptada ao alumnado das diferentes idades do centro educativo. Queremos agradecer á libraría Galgo Azul e ás persoas que fixeron posible que os nosos nenos e nenas despediran este ano académico cun sorriso na boca. A balea Moby Dick converteuse na mellor amiga de moitos dos nosos pequenos/as, quenes se achegaron a tocala e, para que mentir, a refrescarse co chorro de auga que expulsaba.
Grazas ao teatro, aos teatreiros/as e ás bibliotecas por facernos viaxar coas súas historias. Que nunca se perda esta maxia. Bo verán a todos e a todas!! 🌞
No hay comentarios:
Publicar un comentario