30/4/25

Visita da escritora, Celtia Figueiras

Esta semana o alumnado de 3º de Primaria tivo a visita da gran escritora, Celtia Figueiras, que veu falarlles do seu libro "A banda dos insectos, pasando a bóla". 

Os rapaces/zas, que leran na aula o seu libro, estaban desexando coñecer curiosidades e anécdotas que Celtia lles resolveu e lles ampliou moito máis. Ademáis, estiveron debatindo dos valores que ten o libro como: o compañerismo, o saber perder, o traballo en equipo, o valor da amizade, o respeto polos gustos e diferenzas dos demáis... E para rematar a charla, Celtia asinou todos os libros ao alumnado, quedaron encantad@s!!!

Moitas grazas polo túa visita, Celtia!!


27/4/25

Xincana do Día do Libro na residencia de anciáns.

Baixo o proxecto "As luces do camiño", o alumnado de 3º de Primaria, foi visitar aos maiores a residencia de anciáns de Arteixo para realizar unha xincana do Día do Libro.

O alumnado tivo que traballar en equipos cos maiores para resolver diferentes probas. A primeira proba foi unha ronda de preguntas sobe nomes de contos e autores, a compenetración entre os maiores e alumnos/as fixo que contestaran todas moi ben. Despois de superar esta proba, pasaron a realizar un encrucillado sobre persoxanes de contos e nomes dos autores. 

Para rematar tiveron que seguir unha serie de pistas para atopar un libro de Cervantes que lles levaría a atopar un cofre cun tesouro dentro, uns agasallos!!! Unhas sementes para cada un/unha: plantar unha semente é como abrir un mundo por descrubir

Pasárono xenial e desfrutaron moitísimo.

Moitas grazas a residencia de maiores con convidarnos!!

25/4/25

Amadriñamentos e apadriñamentos lectores 2025!!

Esta realizaronse os apadriñamentos/amadriñamentos lectores. Así de ben o desfrutaron!!

Moitas grazas aos padriños e madriñas por facer desta semana inesquecible!!










Segunda semana de Recreos de contacontos!!!

Como ben sabedes dende o 7 de abril, os minibliotecari@s están a facer os "Recreos de contacontos". Están sendo todo un éxito e este foi o resultado desta semana.

Se aínda non pasaches por Biblibrozos, quedan 3 días para que poidades desfrutar dos últimos contacontos!!





Rematamos os "Radiocontos"

Para finalizar a semana do libro, o alumnado de primeiro realizou a última lectura na radio, co conto: "O pirata metepata"

Pinchade na ligazón para escoitar o conto: O pirata metepata.


23/4/25

Festexamos o Día do Libro!!

23 de abril, Día do Libro!! No Ponte dos Brozos seguimos celebrándoo cos apadriñamentos/amadriñamentos lectores. Ademáis, seguimos a escoitar ao alumnado de primeiro a través da radio, esta vez co conto 11 damas.

Pinchade na ligazón para escoitar o conto: 11 Damas.

De novo agradecer tanto ao alumnado como o profesorado por participar na Festa do Libro!!


22/4/25

Radiocontos do alumnado de 1º de Primaria!!

Para festexar a semana grande do libro, os alumnos/as de 1º de Primaria quixeron mostrarlle a todo o colexio o ben que len, para iso utilizaron as ondas da nosa radio para ler "Monstruo rosa".

Na seguinte ligazón podedes escoitar o conto: Monstruo rosa


Contacontos nos recreos de Bibliobrozos!!!

Dende o luns, 7 de abril, os minibliotecari@s levan facendo os "Recreos de contacontos". Viñeron a compartir a lectura de varios libros para o alumnado que quixo desfrutar desta actividade. 

Os minibibliotecari@s implicáronse moito e fixérono xenial!!! O alumnado espectador quedou encantado e con gaña de máis lecturas. Así que... xa sabedes, se queredes desfrutar dun bo conto, pasade polos recreos de Bibliobrozos porque segue habendo os "Recreos de contacontos " ata fin de mes.