1/2/23

Participación na Revista Bululeo!

Estou moi contento porque Bibliobrozos sae na revista da editorial Bululú!! 

En representación miña aparecen as profesoras que conforman o equipo da biblioteca falando do traballo que se leva a cabo.

Na seguinte ligazón poderedes atopar a revista e os anteriores números:

https://www.editorialbululu.com/revista-bululeo/

Darlle as grazas a editorial Bululú por convidarnos a colaborar na revista do mes de xaneiro-febreiro!!!



Novidades de Febreiro!!

 Xa están aquí as de novidades de febreiro en Bibliobrozos!!!

Se queredes saber mais destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

Están esperando por vós nos expositores de novidades!!!

31/1/23

Contacontos en Infantil: Diferentes Diferenzas!!!

Hoxe tivemos a visita dun contacontos, Manuel Fernández, que veu contar: "Diferentes Diferenzas" da editorial Bululú, aos nen@s de 4 anos. 

O alumnado desfrutou dos diversos e diferentes protagonistas: un  elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha... unha chea animais que utilizan as súas características particulares para desfrutar da vida, á vez, que potencian a amizade e o respeto polas diferenzas.

Darlle as grazas a Manu por adicarnos o seu valioso tempo.
Volve pronto!!!!

30/1/23

Proxección de contos en Bibliobrozos!!

Comezamos o mes de febreiro coa nosa 1ª semana de proxeccións de contos nos recreos de Bibliobrozos!!

Durante a semana do luns (6 de febreiro) ao venres, (10 de febreiro) animádevos a pasar por Bibliobrozos para poder desfrutar do visionado dun conto cada día.

Esperámosvos!!!

Bookface nos recreos de Bibliobrozos!!

Con motivo do día da ilustración, o alumnado aproveitou os recreos para vir a Bilbiobrozos e buscar un libro para facer o seu Bookface, e así convertirse nos protagonistas dos contos.

Aquí podedes ver algúns dos marabillosos resultados😍

Grazas por vir!!! A vindeira semana máis actividades nos recreos de Bibliobrozos!!




18/1/23

Libros para a Paz!!

Achégase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e en Bibliobrozos fixemos unha recompilación e exposición de libros sobre a temática.

Pasade a botar un 👀!!


11/1/23

Chegou a Maleta Climática!!

Hoxe chegou a Bibliobrozos a Maleta Climática!!

É unha maleta prestada polo CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, que contén un chea de libros informativos e ilustrados sobre a temática da emerxencia climática. 

Darlles as grazas o CEIDA por prestarnos a maleta durante un mes. Desfrutaremos moito do seu contido!!

 

9/1/23

Novidades de xaneiro!!

Comezamos o ano cargadiños de novidades en Bibliobrozos!!! 😍😍

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.