26/11/23

25 N!!! Dicimos que NON!!

Neste 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, todo o colexio dixo NON contra todas as violencias machistas.

E dende Bibliobrozos compartimos un gran catálogo de libros para traballar a igualdade entre homes e mulleres






20/11/23

Día Universal dos Nen@s!!

Nun día tan importante para o noso alumnado, dende Bibliobrozos querémosvos compartir un catálogo de libros relacionados coas estas conmemoracións:

- Do 20 de novembro: Día Universal dos Nen@s 

- Do 10 de decembro: Día da Declaración dos Dereitos humanos

Están na biblioteca agardando por vós!

18/11/23

Experimentando nos recreos!!!

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego retomamos os experimentos nos recreos, por parte do alumnado de 5º e 6º de Primaria. 

Esta semana pasou por Bibliobrozos o alumnado de 6º de Primaria para ensinar os seus experimentos.

A vindeira seguiremos con máis experimentos... asi que esperamósvos!!!




E aquí vos deixamos algúns dos libros que están esperando por vós nos andeis de Bibliobrozos sobre o fascinante mundo da Ciencia.

2/11/23

Festexamos o Samaín!!!

Neste Samaín, Bibliobrozos vestiuse de gala coa decoración terrorífica para recibir aos rapaces/zas e que desfrutaran da gran exposición de libros sobre a temática. 

Por outra banda, ademáis de levar a cabo un obradoiro de marcapáxinas para facer conxuros  durante as lecturas, realizouse en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un concurso de Banda Deseñada de Samaín para o alumnado de 5º e 6º de EP.

A partir da visualización do vídeo, creado polo equipo EDLG, sobre a orixe do Samaín, o alumnado tiña que elaborar o seu propio cómic no formato que quixera e estes foron algúns dos espectaculares resultados:


O alumnado gañador tivo un gran agasallo, un libro para desfrutar do pracer da lectura!!!




E por último, para desfrutar da nosa festa, tivemos diferentes contacontos en 4º de Primaria:




31/10/23

Novidades lectoras de novembro!!

Xa están aquí as de novidades de novembro en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

28/10/23

Obradoiros de marcapáxinas de Samaín!!

En Bibliobrozos xa estamos preparados para o Samaín: temos a biblioteca decorada, libros da temática expostos e ademáis.... convidamos ao alumnado a vir nos recreos a facer un pequeno obradoiro de marcapáxinas de Samaín. 

Neste obradoiro atopáronse cun pequeno feitizo para poder ler mellor nestas datas. Despois poideron decoralo como quixeron e adornalo coas diversas ideas que ían xurdindo dos contos. 

Non vos esquezades que en Bibliobrozos tedes unha gran diversidade de contos sobre o Samaín esperándovos!!

25/10/23

Día das Bibliotecas Escolares

Polo Día das Bibliotecas Escolares, en Educación Infantil, houbo distintas formas de celebralo.

Cos pequenos de 3 anos, que aínda non coñecían a aula de contos, fixemos un contacontos coa historia cantada “Me visto…¡Y te como!” e a canción “Juguemos en el bosque". 


Acudiron á nosa pequena biblioteca tras ser convidados pola nosa mascota, Brociños, e recibiron de agasallo unha pequena casiña cunha réplica en miniatura da nosa mascota para que a coiden na clase contándolle moitos contos. 


Despois do conto, xogamos a poñerlle e quitarlle a roupa ao lobo e falamos das normas que debemos seguir na Aula de Contos. Por último, levaron tamén un pequeno cartel do conto cun lobo para colorear.



Os maiores de 4 e 5 anos, que xa coñecen a Brociños e a aula de contos, recibiron unha invitación para comezar a usala de novo e un libro relacionado co proxecto que están a traballar en cada un dos niveles de Infantil: O Espazo e O Bosque.




17/10/23

Día das Escritoras!!!

O luns festexamos do Día das Escritoras baixo o lema: O pracer, a alegría e as risas das mulleres.

Para este día, fixemos unha exposición de libros na nosa sección de conmemoracións e tamén compartimos un xogo de pistas sobre diferentes contos.

O obxectivo do xogo é adiviñar algunhas obras literarias de escritoras galegas que temos na nosa comunidade a través das pistas.

O alumnado de Infantil e Primaria foi quen de adiviñar os contos e pasárono moi ben!!