4/12/23

Novidades lectoras de decembro!!

Xa están aquí as de novidades de decembro en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

30/11/23

Rematamos o Mes da Ciencia en Galego

Damos por finalizado o Mes da Ciencia en Galego dando as grazas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria pola súa gran implicación e participación na realización dos experimentos nos recreos de Bibliobrozos.

Foi un mes cheo de diferentes experimentos onde se desfrutou de momentos máxicos de compartir experiencias, coñecementos, emoción, sorpresa... e todo isto grazas ao alumnado voluntario!!!



26/11/23

25 N!!! Dicimos que NON!!

Neste 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, todo o colexio dixo NON contra todas as violencias machistas.

E dende Bibliobrozos compartimos un gran catálogo de libros para traballar a igualdade entre homes e mulleres






20/11/23

Día Universal dos Nen@s!!

Nun día tan importante para o noso alumnado, dende Bibliobrozos querémosvos compartir un catálogo de libros relacionados coas estas conmemoracións:

- Do 20 de novembro: Día Universal dos Nen@s 

- Do 10 de decembro: Día da Declaración dos Dereitos humanos

Están na biblioteca agardando por vós!

18/11/23

Experimentando nos recreos!!!

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego retomamos os experimentos nos recreos, por parte do alumnado de 5º e 6º de Primaria. 

Esta semana pasou por Bibliobrozos o alumnado de 6º de Primaria para ensinar os seus experimentos.

A vindeira seguiremos con máis experimentos... asi que esperamósvos!!!




E aquí vos deixamos algúns dos libros que están esperando por vós nos andeis de Bibliobrozos sobre o fascinante mundo da Ciencia.

2/11/23

Festexamos o Samaín!!!

Neste Samaín, Bibliobrozos vestiuse de gala coa decoración terrorífica para recibir aos rapaces/zas e que desfrutaran da gran exposición de libros sobre a temática. 

Por outra banda, ademáis de levar a cabo un obradoiro de marcapáxinas para facer conxuros  durante as lecturas, realizouse en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un concurso de Banda Deseñada de Samaín para o alumnado de 5º e 6º de EP.

A partir da visualización do vídeo, creado polo equipo EDLG, sobre a orixe do Samaín, o alumnado tiña que elaborar o seu propio cómic no formato que quixera e estes foron algúns dos espectaculares resultados:


O alumnado gañador tivo un gran agasallo, un libro para desfrutar do pracer da lectura!!!




E por último, para desfrutar da nosa festa, tivemos diferentes contacontos en 4º de Primaria:




31/10/23

Novidades lectoras de novembro!!

Xa están aquí as de novidades de novembro en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.