O curso pasado adentrámonos no mundo xaponés cos obradoiros de debuxo Kawaii, e tal foi o éxito que este curso seguimos na mesma liña, pero nesta ocasión incidindo na poesía xaponesa cos: obradoiros de Haikus.
Preguntarédesvos que son os Haikus, vóuvolo contar:
-Haiku é un tipo de poesía xaponesa, un poema breve que conecta coa emoción e coa natureza. Ten 3 versos e non ten rima.
O alumnado de 5º de Primaria xa pasou por Bibliobrozos para facer os seus Haikus en forma de pai pai... E xa temos todo preparado para que en xaneiro pasen máis nenos e nenas a facer os seus Haikus!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario