16/3/24
Obradoiro de cómics!!
1/6/23
Obradoiro de poesia en 1º de Primaria!!
30/3/23
Obradoiro de poesía!!
20/3/23
Obradoiro de Mindfulness en Infantil!!
Primeiro comezaron co contacontos do libro "Respira" que explica como a respiración se relaciona coas emocións.
Logo, realizaron e aprenderon algunhas técnicas de relaxación e respiración que axudan a activar a mente.
E para rematar o obradoiro, elaboraron o seu propio bote da calma para levar para a aula e así, relaxarse e tranquilizarse cando se sintan enfadados ou frustados.
12/3/23
Obradoiro de iniciación ao lettering!!
Equipados con rotuladores de punta pincel comezaron aprendendo a realizar trazos finos, grosos... ata ir creando a súas propias creacións.
19/12/22
Obradoiro de Haikus!!
Preguntarédesvos que son os Haikus, vóuvolo contar:
-Haiku é un tipo de poesía xaponesa, un poema breve que conecta coa emoción e coa natureza. Ten 3 versos e non ten rima.
O alumnado de 5º de Primaria xa pasou por Bibliobrozos para facer os seus Haikus en forma de pai pai... E xa temos todo preparado para que en xaneiro pasen máis nenos e nenas a facer os seus Haikus!!
11/11/22
Obradoiro Mindfulness!!!
Esta semana en Bibliobrozos, os nenos e nenas de 2º de Primaria, aprenderon técnicas de relaxación e respiración que axudan a activar a mente.
Para iso, empregamos o conto "Respira" no que se explica como a respiración se relaciona coas emocións. Por exemplo, se estamos nerviosos a respiración é mais rápida, se estamos tranquilos é pausada... Tamén nos ensinou posturas para prender a respirar: a postura da mente atenta, da árbore, do foguete... Ata coñecimos como se pode respirar coas vogais!!!!
Estas técnicas axudaranlles cando teñan miles de ideas na cabeza ou cando teñan un pesadelo mentres dormen.
E para rematar o obradoiro, elaboraron o seu propio bote da calma para relaxarse e tranquilizarse na aula cando se sintan enfadados, frustados...
A vindeira semana lles tocará ao alumnado de 1º de Primaria.