1/12/24

Show da Toupiciencia!!!

Para rematar por todo o alto o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, pasou por Bibliobrozos: a Toupiña científica e o seu axudante, Protonio!!! Da man da xanela do Maxín.

A Toupiña e o seu axudante, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andaban a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploraron facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento.

O alumnado de 2º de Primaria desfrutou deste show onde aprenderon e pasárono xenial, incluído o profesorado!!!

Moitas grazas pola visita!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario