2/12/24

Taller de familias: como actuar ante unha emerxencia!!

O venres pasado, tivemos a visita doutra nai de 3º de Primaria, Lorena Santamaría Castro, que veu falar do seu traballo aos nen@s de 3ºE de Primaria. 

Lorena traballa en emerxencias de Arteixo e veu acompañada do seu compañeiro, Che, para explicar e ensinarlles aos rapaces/zas como actuar ante un caso de emerxencia e cómo se debe chamar ao 112.

Despois desta explicación e de facer varios exemplos, lles ensinaron a roupa que levan cando hai algunha emerxencia: o seu casco e a súa chaqueta.

Por último, lles deron como agasallos:

-O libro de lectura "Os Bolechas chaman ao 112"

- Un caderno de actividades dos "Bolechas, coñecemos o 112"

- Unha pegatina do 112.

-Unha caixiña de cores.


Os nen@s pasárono xenial e aprenderon un montón!!! 

Moitas grazas pola túa visita, Lorena. Esperamos que volvas pronto!!!

E recordade... Bibliobrozos sempre está aberto para as peticións das familias!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario