27/3/25

Podcast sobre As Cantareiras!!

Estase a achegar o Días das Letras Galegas e os alumnos e alumnas de 6º de primaria buscaron información sobre a figura das cantareiras, homenaxeadas este ano.

Fixeron unha sondaxe pola rapazada para coñecer, de primeira man, a maiores das figuras en si das cantareiras, a música tradicional galega e a transmisión oral da poesía popular. 

Ademáis, debateron entre eles e elas, se os rapaces e as rapazas estaban a manter ou non viva esta tradición na nosa contorna. Deste xeito, na radio escolar tiveron a posibilidade de entrevistar e escoitar a un grupo de rapazas que pertencen a unha asociación cultural e que, todo sexa dito, desbordaron as súas previsións.


Se pinchades na seguinte ligazón poderedes escoitar a entrevista: Escoitar podcast

No hay comentarios:

Publicar un comentario