O luns, o alumnado de 5º e 6º de E.Primaria desfrutou de música, risas, gastronomía e teatro coa obra "Mais saaabor" no Centro Cívico Cultura de Arteixo, Manuel Murguía.
Chegaron cun carro de comida de grandes dimensións do que surxiron infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e un montón de elementos e artefactos cos que cociñar música.
Foi unha mañá que deixou moi bo sabor de boca!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario