31/3/25

Novidades lectora de abril!!

Xa están aquí as de novidades de abril en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

30/3/25

Obradoiro Chibi!!

En Bibliobrozos non paramos!! O venres levouse a cabo un obradoiro de como debuxar personaxes Chibis en 3ºE de Primaria. 

O alumnado aprendeu o significado da palabra Chibi, as súas característicos e os pasos para debuxalos. Ademáis recordaron as expresións Kawaii que aprenderan no obradoiro Kawaii que fixeran fai 3 anos e así aplicalo nos seus Chibis. 

Agora poden aplicar novos personaxes na creación dos seus cómics.

Pasárono xenial!!

Mundo Bichos en Bibliobrozos!!!

Esta semana paosu por Bibliobrozos, Miguel, de "Mundo Bichos" e ensinou ao alumnado de 1º e 2º de Primaria un montón de cousas sobre os insectos e artópodos.

Tamén puideron tocar e ver un montón de invertebrados vivos: ninfas da xungla, bolboretas, escorpións, bechos palo, milpés, bechos folla, mantis orquídea, tartarugas, tarántulas...

O alumnado aprendeu moitas curiosidades dos animais e pasárono xenial!!

Grazas pola visita, Miguel!!! Volve pronto!!

26/3/25

Contacontos en 3 e 4 anos de Infantil!!

A nosa querida Celtia Figueiras, da Xanela do Maxín, trouxo a Aula de Contos o seu espectáculo: sorpresa!! Catro caixas con catro sorpresas para o alumnado de 3 e 4 anos. 

Que había dentro das caixas? Agasallos sorpresa baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e… repartir!) cos que creou contos sorprendentes, fomentando a curiosidade e a imaxinación dos pequechos.

Sen dúbida, foi unha mañá moi divertida na que aprenderon a importancia de compartir e repartir, da reciclaxe e da necesidade e importancia de coidar o noso planeta.


Grazas pola túa visita!! Volve pronto!!



7/3/25

Libros para o Día Internacional da Muller!!

Neste día compartimos as lecturas que podedes atopar en Bibliobrozos para traballar a igualdade e a vida de moitas mulleres importantes da historia:

1/3/25

Novidades lectoras de marzo!!

Xa están aquí as de novidades de marzo en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

27/2/25

Obradoiro de máscaras de contos!!

Chegou o Entroido a Bibliobrozos!!! E o alumnado, de 1º e 2º de Primaria, desfrutou dun obradoiro de máscaras de personaxes de contos.

Aproveitando as lecturas que están a facer nas aulas, a rapazada de 1º de EP decorou as máscaras dos personaxes do conto "A Escola de Monstros" e o alumnado de 2º de EP dos personaxes  de  "Billy y los minimonstruos"

Pasárono xenial!!

10/2/25

Lecturas para festexar o amor!!

Achégase o 14 de febreiro e por iso, durante esta semana, queremos festexar o amor pola vida, polas amizades, pola familia, polos animais, pola natureza... e que mellor maneira que recomendando ou compartindo contos cos teus seres queridos.

O amor é fundamental para ser felices é os personaxes dos contos o saben, por iso vos deixamos unha bonita selección de libros para que desfrutedes do amor en tódolos seus ámbitos💖

Feliz semana!!!💗