15/5/24

Rosco ó rescate!!!

 

Onte o alumnado de 4º de Primaria pasou por Bibliobrozos para recibir a Rosco ó rescate!! da Casa Grande de Xanceda:

Nesta actividade os nenos e nenas estiveron repasando contidos sobre como coidar o planeta e respetar o medio ambiente coas nosas accións.

Ademáis, Rosco lles deixou como agasallo uns lapis con sementes e un mural para a aula. Que sorte!!

Moitas grazas pola visita!!

2/5/24

Visita do autor Antonio M.Fraga!!

 

Esta semana visitounos o escritor, Antonio Manuel Fraga, para falarnos do seu libro: "Papá Canibal"

O alumnado de 3º e 4º de Primaria pasou por Bibliobrozos para coñecelo e para saber máis do libro que estiveron lendo durante este curso. 

Antonio Fraga faloulles do seu proceso creativo, as súas inspiracións, cómo se realizaron as ilustracións... e resolveu as dudas e inquedanzas do alumnado. 

Moitas grazas pola túa visita!!!

1/5/24

Novidades lectoras de maio!!

Xa están aquí as de novidades de maio en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

Obradoiro de banda deseñada en 5 anos!!

 

Seguimos cos obradoiros de banda deseñada en Infantil, nesta ocasión tocoulles aos rapaces/zas de 5 anos que pasaron pola Aula de Contos para aprender sobre os cómics de forma lúdica.


30/4/24

Amadriñamentos e apadriñamentos na Semana do Libro!!

Durante a semana pasada, o alumnado de 3º a 6º de Primaria acompañou ás/aos nen@s máis pequen@s para lerlles diferentes contos.

Ademáis de compartir lecturas, repartiron agasallos entre eles/as: marcapáxinas, caramelos, cartas... 

A continuación un pequeno resumo da semana de amadriñamentos!! Sen dúbida, unha gran experiencia da que quedaron encantad@s!!!.







23/4/24

Festexamos o Día do Libro!!

Neste día tan importante para Bibliobrozos, estamos cheos de actividades para festexalo!!. 

Ademáis dos amadriñamentos, os contos realizados polo alumnado... en infantil representouse a lenda de San Jorge e o dragón, posteriormente os nenos e nenas de 5 anos representaron a lenda con magníficos debuxos para espoñer.

Por outra banda, o resto dos niveis de infantil traballaron diferentes contos e realizaron diversos marcapáxinas. Así de espectaculares quedaron:

Intercambio de marcapáxinas co CEIP de Olveira, de Ribeira!!

En Bibliobrozos estamos de celebración... chegou o Día do libro!!! Dentro das diversas actividades que temos para este gran día, pensamos que unha gran maneira de festexelo é intercambiando marcapáxinas con nen@s doutro colexio.

Por iso, para esta ocasión falei co meu amigo: Lecturín, do  CEIP de Olveira, de Ribeira, para que o alumnado de 6 º fixera un intercambio de marcapáxinas.

Moi emocionad@s, o alumnado de 6º D de Primaria diseñou e realizou, con moito agarimo, os seus marcapáxinas. 

Do mesmo modo, o alumnado de 6º de Primaria de Lecturín, mandáronnos os seus fantásticos marcapáxinas. 

Moitas grazas por compartir as vosas creacións!!

Seguiremos en contacto!!!

22/4/24

Contacontos musical en Infantil!!

Os nenos e nenas, das clases de 4 anos, puideron desfrutar das cancións do compositor e músico, Luis Vallecillo. 

Con él achegáronse máis á nosa lingua galega e aos versos da nosa querida Rosalía de Castro, e cantaron con él cancións como "Despacito", "O bigote de Mimí" e convertéronse nunhas galiñas bailongas.


Paárono xenial!!