11/11/22

Obradoiro Mindfulness!!!

Esta semana en Bibliobrozos, os nenos e nenas de 2º de Primaria, aprenderon técnicas de relaxación e respiración que axudan a activar a mente. 

Para iso, empregamos o conto "Respira" no que se explica como a respiración se relaciona coas emocións. Por exemplo, se estamos nerviosos a respiración é mais rápida, se estamos tranquilos é pausada... Tamén nos ensinou posturas para prender a respirar: a postura da mente atenta, da árbore, do foguete... Ata coñecimos como se pode respirar coas vogais!!!!

Estas técnicas axudaranlles cando teñan miles de ideas na cabeza ou cando teñan un pesadelo mentres dormen.

E para rematar o obradoiro, elaboraron o seu propio bote da calma para relaxarse e tranquilizarse na aula cando se sintan enfadados, frustados...

A vindeira semana lles tocará ao alumnado de 1º de Primaria. 

4/11/22

Día Internacional da Unesco!!

Hoxe, 4 de novembro, Día Internacional da Unesco fixemos unha recompilación de libros para traballar os 17 obxectivos da Axenda 2030 para o desarrollo sostible.

Coma sempre, están todos nos andeis da biblioteca esperando a ser collidos.

2/11/22

Mes da Ciencia en Bibliobrozos!!

Con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares, en Bibliobrozos queremos convertir os recreos da biblioteca nun espazo de experimentación.

Así pois, nenos e nenas de 5º e de 6º de Primaria, se queredes facer un experimento e compartilo co resto dos compañeir@s, escribide un email á dirección: biblioteca@pontedosbrozos.org 

E se queredes coller algunha idea sobre que experimento facer, aquí vos deixo un catálogo de libros sobre a temática.








1/11/22

Novidades de novembro!!

Xa están aquí as de novidades de novembro en Bibliobrozos!!!

Se queredes saber mais destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

Están esperando por vós nos expositores de novidades!!!

As verbas do noso Samaín.

Pantasmas, encantamentos, meigas, vasoiras, defuntos... son moitas das palabras que usaron o alumnado para participar no concurso de "Nubes de Palabras de Samaín"👻

Moitas grazas pola vosa participación!! Esta semana recibiredes un pequeno agasallo polo voso traballo e esforzo!!



Ademais do concurso, tivemos sesións de contacontos na Biblioteca.

-Para 1º de Primaria: "Vicente, el vampiro de un solo diente"

-Para Infantil: "La extraña visita" e "A extraña sorpresa"

-Para 3º e 4º de Primaria sesións de contos de medo.



E por último, na clase das ras estiveron a traballar o medo. Pero non o medo que lles dan as meigas e ogros dos contos, senón o medo das cousas reais que os rodean. A escuridade, a pechar a porta para durmir, a que mami ou papi estean maliños... e deses medos apareceron as arañas!

E aproveitaron para aprender como tecen as arañeiras, cantas patas teñen, as súas cores e o seu tamaño. Agora... xa non lles teñen medo! Ou... un poquiño menos. Así que fixeron as súas propias arañas terroríficas e leron o contó " A araña que lles tiña medo as arañas" que colleron de Bibliobrozos.

25/10/22

Preparados para festexar o Samaín...

Gústavos o Samaín👻 e en Bibliobrozos... sabémolo!! Por iso temos a biblioteca toda decorada e cunha chea de libros expostos para que os collades e desfrutedes nos vosos fogares.

Aquí vos deixo un catálogo con todos os libros da temática de Samaín que hai en Bibliobrozos, botade un 👀porque hai bastantes novidades!!!


24/10/22

Día das Bibliotecas Escolares!!!

Hoxe, 24 de outubro, festexamos o día da nosa biblioteca por todo o alto!!

En Infantil tivemos a visita dunha contacontos, Victoria Pérez, que veu contar: "A estraña visita" e "A estraña sorpresa" da editorial Bululú, aos nen@s de 5 anos. Quedaron tan encantados... que xa querían unha terceira parte!!!

Por outro lado, en Primaria, fixemos dous vídeos sobre a nosa biblioteca:
- Un para explicar a súa distribución e organización.
- E o outro, aproveitando a visita da Contacontos, facéndolle unha pequena entrevista para que nos contara un pouco mais sobre o seu traballo. 

Darlle as grazas a Victoria por adicarnos o seu valioso tempo.
Volve pronto!!!!

Día Internacional Contra o Cambio Climático

Hoxe, 24 de outubro, conmemoramos o Día Internacional Contra o Cambio Climático a través dun xogo relacionado coa temática de Samaín.

Eu e o planeta Terra estamos en perigo!!! Unha bruxa malvada botou un feitizo e só, o meu amigo, o gato Paquiño, xunto coa vosa axuda poden salvarnos deste meigallo e recobrar a normalidade do planeta.

Axudádesme a acabar coa bruxa e o seu feitizo?