8/1/24

Novidades lectoras de xaneiro!!!

Xa están aquí as de novidades de xaneiro en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

21/12/23

En Infantil axudan a Brociños na busca dun Elfo!!!

En Infantil recibiron a visita dun Elfo moi traveso que chegou ao colexio a través da lectura do conto: The Elf on the Self.

Como ao Elfo lle gustaban tanto facer trasnadas, Brociños pediulle aos rapaces/zas de Infantil que lle axudaran a arranxar as travesuras que fixera e onde o podería atopar para telo controlado. 

Pasárano xenial coas travesuras!!










Recomendando contos na Biblioteca Municipal Henrique Rabuñal de Arteixo!!

Os nen@s de Bibliobrozos son uns grans lectores, só hai que mirar as largas colas que se forman nos recreos para coller libros, por iso, propuxemos que recomendaran os seus libros preferidos a outros nen@s doutra biblioteca e así compartir aventuras de contos. 

O alumnado de 4º de EP decorou uns adornos de Nadal no que recomendaron os contos que estiveron a ler durante este trimestre. Estas recomendacións foron a Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo, onde calquera nen@ usuario da biblioteca poderá visitar a biblioteca para ir a ler, coller libros... e de paso levar unha recomendación do noso alumnado.

Moitas grazas a Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo por unirse a esta iniciativa e desexamos que nestas Festas haxa algún libro como agasallo.



Pedindo libros polo Nadal!!

En Bibliobrozos xa temos preparada a nosa carta para pedir que nos traian unha morea de libros. E vós, a tedes feita? Seguro que sí, pero para que non vos olvidedes de pedir algún libro nestas Festas, xa temos preparada unha carta para que cubrades.

Un adorno para que colguedes da árbore, da ventá, da cheminea, na vosa habitación... e poñades o libro que vos gustaría ter nestas datas.



Estou desexando ver que libros pedides!!!

20/12/23

Pide un conto este Nadal!!

O Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega compartímosvos as recomendacións de lectura para este Nadal.

Tamén aproveitamos para desexarvos unhas moi Felices Festas e unha moi boa entrada no Ano Novo.

4/12/23

Novidades lectoras de decembro!!

Xa están aquí as de novidades de decembro en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

30/11/23

Rematamos o Mes da Ciencia en Galego

Damos por finalizado o Mes da Ciencia en Galego dando as grazas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria pola súa gran implicación e participación na realización dos experimentos nos recreos de Bibliobrozos.

Foi un mes cheo de diferentes experimentos onde se desfrutou de momentos máxicos de compartir experiencias, coñecementos, emoción, sorpresa... e todo isto grazas ao alumnado voluntario!!!