18/12/22

Intercambio de recomendacións lectoras con Bibliorrato de Santa Comba!!!

Chegan as Festas... e que mellor maneira de celebralas que compartindo recomendacións de contos con outros nen@s? 

Para esta ocasión falei cos meu amigo:  Bibliorrato😺, do  CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba, para intercambiamos unhas marabillosas cartas e agasallos.

Moi emocionad@s, o alumnado de 3º de Primaria decorou e escribiu nunha bóla de Nadal, os libros que máis lles gustaron para recomendar aos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria de Santa Comba. Ademáis das bólas, cada clase escribiulles unha carta para presentarse. 

Do mesmo modo, o alumnado de Bibliorrato, mandáronnos  unha carta por aula e un montón de calcetíns navideños cheos de recomendacións de contos. 

Moitas grazas por compartir as vosas lecturas!!

Seguiremos en contacto!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario