Na seguinte ligazón podedes escoitar o conto: Monstruo rosa
22/4/25
Radiocontos do alumnado de 1º de Primaria!!
26/3/25
Contacontos en 3 e 4 anos de Infantil!!
A nosa querida Celtia Figueiras, da Xanela do Maxín, trouxo a Aula de Contos o seu espectáculo: sorpresa!! Catro caixas con catro sorpresas para o alumnado de 3 e 4 anos.
Que había dentro das caixas? Agasallos sorpresa baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e… repartir!) cos que creou contos sorprendentes, fomentando a curiosidade e a imaxinación dos pequechos.
Sen dúbida, foi unha mañá moi divertida na que aprenderon a importancia de compartir e repartir, da reciclaxe e da necesidade e importancia de coidar o noso planeta.
Grazas pola túa visita!! Volve pronto!!
11/6/24
Contacontos en 1º de EP!!!
Coma sempre, desfrutaron da historia de Martín. Pasárono xenial!!
Moitas grazas, Sabela!!
27/5/24
Contacontos musical en 3 e 5 anos!!
Con él achegáronse máis á nosa lingua galega e aos versos da nosa querida Rosalía de Castro, e cantaron con él cancións como "Despacito", "O bigote de Mimí" e convertéronse nunhas galiñas bailongas.
Paárono xenial!!
22/4/24
Contacontos musical en Infantil!!
Con él achegáronse máis á nosa lingua galega e aos versos da nosa querida Rosalía de Castro, e cantaron con él cancións como "Despacito", "O bigote de Mimí" e convertéronse nunhas galiñas bailongas.
Paárono xenial!!
Contacontos en 2º de EP!!
Desfrutaron da historia de Martín, un neno que atopou na súa imaxinación a mellor forma de resolver os seus problemas e nun lapis a mellor ferramenta para conseguilo.
Pasárono xenial!! Moitas grazas, Sabela!!
19/6/23
Rematamos o Brocicurso con contacontos de familias!!
Moitas grazas pola túa visita!!! Esperamos verte para o vindeiro curso😉!!!
31/5/23
Contacontos en 2º de Primaria
Nesta ocasión visitou ao alumnado de 2º de Primaria para contarlles os seus diferentes contos e mostrar os personaxes cos seus debuxos.
Moitas grazas por volver a visitarnos!!
30/5/23
25/5/23
Contacontos sobre Maruxa Mallo
27/4/23
Contacontos das Familias!!
26/4/23
Visita dun Contacontos para 1º de Primaria!!
Hoxe pasou por Bibliobrozos... o Contacontos, Benxamín Míguez!!!
Visitou ao alumnado de 1º de Primaria para contarlles diferentes contos e facelos protagonistas deles. Ademáis, según ía contando as historias, tamén ía debuxando os personaxes.
Ao final da sesión, deixoulles como agasallo as marabillosas ilustracións dos contos.
Moitas grazas pola visita, Benxamín!!!
14/3/23
Teatro de títeres: Lúa quere viaxar a....Marte!!
A representación contou a historia do soño de Lúa, ser astronauta. Ela cóntalle aos seus achegados que quere viaxar a Marte e que a pesar de todas as dificultades está disposta a conseguir o seu soño.
Para loitar polo que quere, toma como referente a moitas mulleres científicas, astronautas, investigadoras...para poder superar todos os obstáculos que se atopará polo camiño.
Un conto cheo de maxia que fomenta a igualdade entre homes e mulleres.
Grazas pola visita!!!
31/1/23
Contacontos en Infantil: Diferentes Diferenzas!!!
Darlle as grazas a Manu por adicarnos o seu valioso tempo.
Volve pronto!!!!
13/12/22
Contacontos en Infantil!!
Onte visitaron a nosa Aula de contos unhas alumnas da universidade da Coruña que están estudando moito para ser profes de Educación Infantil.
Fixéronnos unha sesión de contacontos da man da súa mascota: a galiña Carmiña coa que cantamos, escoitamos o conto do galo Quirico, xogamos as adiviñas e ata aprendemos o nome dos dedos da man cun xogo moi divertido.
Pasámolo xenial e rematamos a sesión pintando un mural!!
Grazas pola visita, esperamos vervos pronto!!
31/5/22
Novas visitas a Bibliobrozos!!
Por outra banda, a escritora Érica Esmorís estivo falando do seu libro ao alumnado de 5º de Primaria.
Moitas grazas pola visita!!
16/5/22
Visita do Contacontos Benxamín Miguez!!
28/4/22
Visita de Sabela Gago!!
Antonte tivemos a visita de Sabela Gago que recibiu aos nen@s de 1º de Primaria para contarlles un conto: Martiño e o lapis máxico.
Desfrutaron do contacontos participando activamente a través de xogos dramáticos. Pasárono xenial!!
Moitas grazas, Sabela!!