Mostrando entradas con la etiqueta Formacióndeusuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Formacióndeusuarios. Mostrar todas las entradas

1/10/23

Benvid@s a un novo curso cheo de lecturas!!!

Ola a tod@s!! 
Comeza un novo curso e Bibliobrozos   xa está preparado para abrir as súas portas a todo o alumnado!!!! 

Mañá comezamos a abrir nos recreos para que desfrutedes das novidades lectoras, do rincón de xogos e usedes os portátiles para a búsqueda de libros. 

Para todo isto, contamos coa axuda fundamental dos Mini-bibliotecarios, que este ano veñen con moitas gañas de axudar, recomendar e desfrutar dos libros!!

Pero, antes da apertura de Bibliobrozos tiven a visita do alumnado de 1º de EP que veu facer unha formación para coñecer e aprender cómo está distribuída a biblioteca, qué libros poden coller, cómo colocalos...

Esta visita estivo acompañada dunha lectura do meu libro preferido "Calvin non sabe voar" e como non, deixeilles un agasallo máxico: uns brocicolgantes que brillan na escuridade que lles axudarán a ler mellor.


 E.... estade atentos ao blog porque durante o curso haberá moitas sorpresas.

                                                            Asinado:

19/10/21

A aula de contos: comeza a maxia!!

Ola de novo!

Hoxe vos quero ensinar a aula de contos, a biblioteca de infantil, que comezou a súa andadura cos nenos/as de educación infantil. 

Ao longo desta semana os mestr@s e nen@s irán facendo a formación de usuarios: coñecendo as normas da biblioteca, os recursos dos que dispón, cómo funciona... e desfrutando de marabillosos contacontos cos libros que lles deixei de agasallo:

-" Lúa" e "A coleccionista de palabras".

                 
                                                                                Asinado:


10/10/21

Estamos de Volta!!

Ola a tod@s!! 
Xa estou de volta!!! Botástesme de menos? seguro que sí, como eu a vós. Preguntarédesvos que estiven facendo durante este tempo que estivo a biblioteca pechada... Pois vóuvolo contar. 

Estiven voando por moitos lugares fermosos en busca de novos contos, novas historias, novas lendas.... E cando me enterei que Bibliobrozos volvía abrir, viñen o máis rápido posible para estar con vós.

Fai uns días xa lles deixei un agasallo aos nen@s de primeiro de Primaria que foron coñecer por primeira vez a biblioteca: 
 - O meu conto preferido: "Calvin non sabe voar"
 - Uns brocicolgantes novos que brillan na escuridade. 

 E.... estade atentos ao blog porque durante o curso haberá moitas sorpresas.


                                                       Asinado: