Mostrando entradas con la etiqueta Xogodepistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogodepistas. Mostrar todas las entradas

18/4/22

Comezamos o Xogo de Pistas...

Os nenos e nenas de 4º de Primaria xa pasaron por Bibliobrozos para axudarme a atopar os meus libros preferidos a través dun xogo de pistas.

Tiveron que resolver adiviñas, sopas de letras, buscar libros de diferentes temáticas, darme consellos... ata que atoparon os libros e algún que outro agasallo.

Aquí vos deixo algunhas fotos do ben que o fixeron
                                                             Nesta semana estarei agardando a que pasen os nenos/as de 3º e 5º de primaria para facer o xogo de pistas!!!

3/4/22

Xogo de pistas en Bibliobrozos!!


Chegou o meu mes preferido... abril!!!👏 Estou moi entusiasmado porque neste mes se celebra o meu día preferido: o Día do Libro!!

Pero... con tanta emoción tiven un pequeno problema, perdín o meu conto preferido, non sei onde o metín e preciso da vosa axuda para atopalo.

Por iso os invito a que visitedes a biblioteca para realizar un xogo de pistas e así axudarme a atopar o meu libro.

Esta semana comezan os rapaces/zas de 4º de Primaria, serán quen de resolver todos os retos?

Estade atentos/as ao blog para comprobalo.