Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

12/10/24

Achégase Samaín...

Achégase o día máis terrorífico do ano... e en Bibliobrozos xa estamos preparados: temos unha decoración arrepiante e unha chea de libros expostos para que pasedes e desfrutedes das súas historias.

Ademáis vos deixamos este catálogo dixital para que vaiades decidindo que libro coller nestos días.

2/11/23

Festexamos o Samaín!!!

Neste Samaín, Bibliobrozos vestiuse de gala coa decoración terrorífica para recibir aos rapaces/zas e que desfrutaran da gran exposición de libros sobre a temática. 

Por outra banda, ademáis de levar a cabo un obradoiro de marcapáxinas para facer conxuros  durante as lecturas, realizouse en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un concurso de Banda Deseñada de Samaín para o alumnado de 5º e 6º de EP.

A partir da visualización do vídeo, creado polo equipo EDLG, sobre a orixe do Samaín, o alumnado tiña que elaborar o seu propio cómic no formato que quixera e estes foron algúns dos espectaculares resultados:


O alumnado gañador tivo un gran agasallo, un libro para desfrutar do pracer da lectura!!!




E por último, para desfrutar da nosa festa, tivemos diferentes contacontos en 4º de Primaria:




28/10/23

Obradoiros de marcapáxinas de Samaín!!

En Bibliobrozos xa estamos preparados para o Samaín: temos a biblioteca decorada, libros da temática expostos e ademáis.... convidamos ao alumnado a vir nos recreos a facer un pequeno obradoiro de marcapáxinas de Samaín. 

Neste obradoiro atopáronse cun pequeno feitizo para poder ler mellor nestas datas. Despois poideron decoralo como quixeron e adornalo coas diversas ideas que ían xurdindo dos contos. 

Non vos esquezades que en Bibliobrozos tedes unha gran diversidade de contos sobre o Samaín esperándovos!!

1/11/22

As verbas do noso Samaín.

Pantasmas, encantamentos, meigas, vasoiras, defuntos... son moitas das palabras que usaron o alumnado para participar no concurso de "Nubes de Palabras de Samaín"👻

Moitas grazas pola vosa participación!! Esta semana recibiredes un pequeno agasallo polo voso traballo e esforzo!!



Ademais do concurso, tivemos sesións de contacontos na Biblioteca.

-Para 1º de Primaria: "Vicente, el vampiro de un solo diente"

-Para Infantil: "La extraña visita" e "A extraña sorpresa"

-Para 3º e 4º de Primaria sesións de contos de medo.



E por último, na clase das ras estiveron a traballar o medo. Pero non o medo que lles dan as meigas e ogros dos contos, senón o medo das cousas reais que os rodean. A escuridade, a pechar a porta para durmir, a que mami ou papi estean maliños... e deses medos apareceron as arañas!

E aproveitaron para aprender como tecen as arañeiras, cantas patas teñen, as súas cores e o seu tamaño. Agora... xa non lles teñen medo! Ou... un poquiño menos. Así que fixeron as súas propias arañas terroríficas e leron o contó " A araña que lles tiña medo as arañas" que colleron de Bibliobrozos.

25/10/22

Preparados para festexar o Samaín...

Gústavos o Samaín👻 e en Bibliobrozos... sabémolo!! Por iso temos a biblioteca toda decorada e cunha chea de libros expostos para que os collades e desfrutedes nos vosos fogares.

Aquí vos deixo un catálogo con todos os libros da temática de Samaín que hai en Bibliobrozos, botade un 👀porque hai bastantes novidades!!!


24/10/22

Día Internacional Contra o Cambio Climático

Hoxe, 24 de outubro, conmemoramos o Día Internacional Contra o Cambio Climático a través dun xogo relacionado coa temática de Samaín.

Eu e o planeta Terra estamos en perigo!!! Unha bruxa malvada botou un feitizo e só, o meu amigo, o gato Paquiño, xunto coa vosa axuda poden salvarnos deste meigallo e recobrar a normalidade do planeta.

Axudádesme a acabar coa bruxa e o seu feitizo? 

22/10/22

Obradoiro de Creación de Personaxes de Samaín!!!

Xa volveron os obradoiros a Bibliobrozos!!!👏 E que mellor maneira de comezalos que relacionándoos co Samaín👻

Como sei que vos encanta debuxar personaxes arrepiantes para os vosos contos, comezamos a realizar obradoiros para aprender a crear: meigas, arañas, trasnos, monstros...

Esta semana iniciamos o obradoiro de creación de personaxes co alumnado de 3º de Primaria e este é o espectacular resultado:



13/10/22

Concurso de Samaín.

Achégase a noite mais arrepiante do ano... e en Bibliobrozos queremos propoñervos un concurso de NUBES DE PALABRAS DE SAMAÍN:


Así que xa sabedes, escollede unha plantilla que vos dará o vos@ mestr@ e enchédea de palabras sobre o noso Samaín.

Pasarei polos vosos corredores para ver👀 como os decorades coas Nubes de Palabras de Samaín.


31/10/21

Celebramos o Samaín!!

En Bibliobrozos non nos esquecimos de Samaín👻 e adornamos a biblioteca para esta ocasión tan especial. Ademáis levamos a cabo diferentes actividades:

- Uns contacontos moi terroríficos sobre o libro "Vicente, el vampiro de un solo diente" contado polo ser autor, Javier Naya.

- Concurso de micro-relatos e debuxos sobre Brociños na noite de Samaín. 

Estade atent@s ao blog porque o vindeiro venres, farase a entrega de premios para os gañadores dos concursos. Cales serán os debuxos e os relatos máis terroríficos de Samaín?? Tocará esperar un pouquiño...

Mentres tanto, eu vou seguir lendo os relatos porque está moi, moi, moi difícil elexir aos gañadores...gustanme todos!!😍A ver como fago... 

Aquí vos deixo un resumen desta semana en Bibliobrozos.

27/10/21

Alguén dixo medo?

A noite de Samaín achégase e aquí vos deixamos unha selección de libros que podedes atopar na biblioteca.