Mostrando entradas con la etiqueta Díadolibro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Díadolibro. Mostrar todas las entradas

27/4/25

Xincana do Día do Libro na residencia de anciáns.

Baixo o proxecto "As luces do camiño", o alumnado de 3º de Primaria, foi visitar aos maiores a residencia de anciáns de Arteixo para realizar unha xincana do Día do Libro.

O alumnado tivo que traballar en equipos cos maiores para resolver diferentes probas. A primeira proba foi unha ronda de preguntas sobe nomes de contos e autores, a compenetración entre os maiores e alumnos/as fixo que contestaran todas moi ben. Despois de superar esta proba, pasaron a realizar un encrucillado sobre persoxanes de contos e nomes dos autores. 

Para rematar tiveron que seguir unha serie de pistas para atopar un libro de Cervantes que lles levaría a atopar un cofre cun tesouro dentro, uns agasallos!!! Unhas sementes para cada un/unha: plantar unha semente é como abrir un mundo por descrubir

Pasárono xenial e desfrutaron moitísimo.

Moitas grazas a residencia de maiores con convidarnos!!

25/4/25

Amadriñamentos e apadriñamentos lectores 2025!!

Esta realizaronse os apadriñamentos/amadriñamentos lectores. Así de ben o desfrutaron!!

Moitas grazas aos padriños e madriñas por facer desta semana inesquecible!!










Segunda semana de Recreos de contacontos!!!

Como ben sabedes dende o 7 de abril, os minibliotecari@s están a facer os "Recreos de contacontos". Están sendo todo un éxito e este foi o resultado desta semana.

Se aínda non pasaches por Biblibrozos, quedan 3 días para que poidades desfrutar dos últimos contacontos!!





Rematamos os "Radiocontos"

Para finalizar a semana do libro, o alumnado de primeiro realizou a última lectura na radio, co conto: "O pirata metepata"

Pinchade na ligazón para escoitar o conto: O pirata metepata.


23/4/25

Festexamos o Día do Libro!!

23 de abril, Día do Libro!! No Ponte dos Brozos seguimos celebrándoo cos apadriñamentos/amadriñamentos lectores. Ademáis, seguimos a escoitar ao alumnado de primeiro a través da radio, esta vez co conto 11 damas.

Pinchade na ligazón para escoitar o conto: 11 Damas.

De novo agradecer tanto ao alumnado como o profesorado por participar na Festa do Libro!!


7/4/25

Recreos de contacontos!!

Xa chegou o mes máis importante para Bibliobrozos, o mes do Libro📕📖!!! E para festexalo estamos realizando diferentes actividades para que desfrutedes.

Unha das actividades son os "recreos de contacontos". Os minibibliotecarios están a preparar contacontos para o resto do alumnado que terán lugar na biblioteca, na hora do recreo, a partir do día 7 de abril.

Aquí tedes os horarios e os títulos dos libros que van a ler. 



30/4/24

Amadriñamentos e apadriñamentos na Semana do Libro!!

Durante a semana pasada, o alumnado de 3º a 6º de Primaria acompañou ás/aos nen@s máis pequen@s para lerlles diferentes contos.

Ademáis de compartir lecturas, repartiron agasallos entre eles/as: marcapáxinas, caramelos, cartas... 

A continuación un pequeno resumo da semana de amadriñamentos!! Sen dúbida, unha gran experiencia da que quedaron encantad@s!!!.







23/4/24

Festexamos o Día do Libro!!

Neste día tan importante para Bibliobrozos, estamos cheos de actividades para festexalo!!. 

Ademáis dos amadriñamentos, os contos realizados polo alumnado... en infantil representouse a lenda de San Jorge e o dragón, posteriormente os nenos e nenas de 5 anos representaron a lenda con magníficos debuxos para espoñer.

Por outra banda, o resto dos niveis de infantil traballaron diferentes contos e realizaron diversos marcapáxinas. Así de espectaculares quedaron:

22/4/24

Día do Libro: Canto contamos!!!

Este ano para festexar o Día do Libro, ademáis de facer os apadriñamentos e amadriñamentos (que estanse a realizar toda esta semana) o alumnado quixo compartir con toda a comunidade educativa as súas creacións literarias.

Na entrada ao colexio poderedes atopar uns carteis con códigos Qr para escanear. Estes vos levarán a unha carpeta cos contos que realizaron os nenos e nenas, das clases que quixeron participar nesta actividade tan fermosa. 

Así pois... se vos apetece desfrutar da lectura duns contos, pasade polo colexio e que neste Día do Libro, un conto vos acompañe!!

Felíz día do Libro!!!

1/5/23

Día do libro: aliméntate de contos!!

Dende Bibliobrozos festexamos o Día do Libro durante todo o mes de abril seguindo a temática do cine e baixo o lema: aliméntate de contos!!🎬

Por iso propuxen ao alumnado que escollera o seu conto preferido e o converteran nunha carteleira de estreo de cine e, ao seu carón, fixeran un cornete con flocos de millo que dera información do libro.

Desta forma decoramos os corredores coas carteleiras de contos e os flocos de millo nos que podiamos ler a información necesaria para que nos entraran gañas de ler ese conto.


De camiño á Bibliobrozos elaboramos "un paseo de contos" cos libros máis lidos polo noso alumnado.


Ademáis, fixemos o noso III Apadriñamento/amadriñamento lector, onde o alumnado maior do centro (de 3º a 6º de Primaria) acompañou ao alumnado máis pequeno para lerlles diferentes contos.





23/4/23

Intercambio de marcapáxinas co alumnado de 5º do CEIP Plurinlingüe Ría do Burgo!!

En Bibliobrozos estamos de celebración... chegou o Día do libro!!! Dentro das diversas actividades que temos para este gran día, pensamos que unha gran maneira de festexelo é intercambiando marcapáxinas con nen@s doutro colexio.

Por iso, para esta ocasión falei coa miña amiga:  Burguiña, do  CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, de Culleredo, para que o alumnado de 5º fixera un intercambio de marcapáxinas.

Moi emocionad@s, o alumnado de 5º B e de 5ºE de Primaria diseñou e realizou, con moito agarimo, os seus marcapáxinas. 

Do mesmo modo, o alumnado de 5º de Primaria de Burguiña, mandáronnos os seus fantásticos marcapáxinas relacionados co PDI que están a traballar: o arte. 

Moitas grazas por compartir as vosas creacións!!

Seguiremos en contacto!!!



24/4/22

Día do Libro!!!


Chegou o meu día preferido!!! E dende Bibliobrozos festexamos o Día do Libro con diferentes actividades:

-Realizando un xogo de pistas na biblioteca.

-Desfrutando de varios xogos: buscar diferenzas, adiviñar pistas... dentro das aulas.

-Visitando á biblioteca para sacar unha foto no photocall.


- E... facendo os contos embotellados en familia. Aproveito para dar as grazas ás familias pola súa participación e implicación nesta actividade, foi precioso ver os vosos contos e como asolagastes de maxia e fantasía os corredores do colexio. Graciñas!!!

Aquí tedes dous vídeos dalgúns dos contos embotellados:

E os diferentes xogos que se levaron a cabo nas aulas:






FELIZ DÍA DO LIBRO!!

1/4/22

Achegase o Día do Libro...

Que emocionado estou!! Estase achegando o Día do Libro... e para celebralo quero propoñervos unha actividade para conmemorar este día:

Facer uns contos embotellados!! Si, sí, ser capaces de meter un conto nun bote. Imaxinade ter o colexio cheo de contos metidos en frascos... Qué ledicia só de pensalo😍

Na seguinte imaxe tedes os pasos e un vídeo para que vexades como podedes facer o voso conto.

Seredes quen de meter o voso conto nun bote e traelo ata o mércores 20?
Estou desexando velos e desfrutar deles.

Animádevos!!