27/4/25

Xincana do Día do Libro na residencia de anciáns.

Baixo o proxecto "As luces do camiño", o alumnado de 3º de Primaria, foi visitar aos maiores a residencia de anciáns de Arteixo para realizar unha xincana do Día do Libro.

O alumnado tivo que traballar en equipos cos maiores para resolver diferentes probas. A primeira proba foi unha ronda de preguntas sobe nomes de contos e autores, a compenetración entre os maiores e alumnos/as fixo que contestaran todas moi ben. Despois de superar esta proba, pasaron a realizar un encrucillado sobre persoxanes de contos e nomes dos autores. 

Para rematar tiveron que seguir unha serie de pistas para atopar un libro de Cervantes que lles levaría a atopar un cofre cun tesouro dentro, uns agasallos!!! Unhas sementes para cada un/unha: plantar unha semente é como abrir un mundo por descrubir

Pasárono xenial e desfrutaron moitísimo.

Moitas grazas a residencia de maiores con convidarnos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario