Mostrando entradas con la etiqueta Díadasbibliotecasescolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Díadasbibliotecasescolares. Mostrar todas las entradas

24/10/24

Festexando o Día das Bibliotecas Escolares!!

Hoxe a nosa mascota está de aniversario!!! E festexámolo por todo o alto!!


Na Festa de Brociños non podían faltar agasallos, cancións, algunha chuche e como non: UN CONTO. Os pequenos de tres anos disfrutaron dunha versión en teatro de monicreques do clásico "Os tres porquiños". Cantaron cos porquiños, berráronlle ao lobo e sopraron con él as tres casiñas. Despois xogaron a facer dos distintos personaxes do conto. 




Finalmente recibiron varios agasallos de Brociños:

-Unha casiña máxica onde él pode aparecerse e facerlles visitas.

-Un marca estanterías para usar na aula de contos.

-Un xogo de monicreques para contar o conto dos porquiños cantas veces queiran.


 Esperemos que os nenos e nenas de catro o pasen igual de ben. Ata outra!



E aquí tedes unha selección de contos para que desfrutes neste día das Bibliotecas Escolares!!

25/10/23

Día das Bibliotecas Escolares

Polo Día das Bibliotecas Escolares, en Educación Infantil, houbo distintas formas de celebralo.

Cos pequenos de 3 anos, que aínda non coñecían a aula de contos, fixemos un contacontos coa historia cantada “Me visto…¡Y te como!” e a canción “Juguemos en el bosque". 


Acudiron á nosa pequena biblioteca tras ser convidados pola nosa mascota, Brociños, e recibiron de agasallo unha pequena casiña cunha réplica en miniatura da nosa mascota para que a coiden na clase contándolle moitos contos. 


Despois do conto, xogamos a poñerlle e quitarlle a roupa ao lobo e falamos das normas que debemos seguir na Aula de Contos. Por último, levaron tamén un pequeno cartel do conto cun lobo para colorear.



Os maiores de 4 e 5 anos, que xa coñecen a Brociños e a aula de contos, recibiron unha invitación para comezar a usala de novo e un libro relacionado co proxecto que están a traballar en cada un dos niveles de Infantil: O Espazo e O Bosque.




24/10/22

Día das Bibliotecas Escolares!!!

Hoxe, 24 de outubro, festexamos o día da nosa biblioteca por todo o alto!!

En Infantil tivemos a visita dunha contacontos, Victoria Pérez, que veu contar: "A estraña visita" e "A estraña sorpresa" da editorial Bululú, aos nen@s de 5 anos. Quedaron tan encantados... que xa querían unha terceira parte!!!

Por outro lado, en Primaria, fixemos dous vídeos sobre a nosa biblioteca:
- Un para explicar a súa distribución e organización.
- E o outro, aproveitando a visita da Contacontos, facéndolle unha pequena entrevista para que nos contara un pouco mais sobre o seu traballo. 

Darlle as grazas a Victoria por adicarnos o seu valioso tempo.
Volve pronto!!!!

26/10/21

Festexamos o Día das Bibliotecas Escolares!!


O domingo, 24 de outubro, foi o día das Bibliotecas Escolares e no Ponte dos Brozos o celebramos con diferentes actividades: contacontos, xogos, debuxos...
 

Aquí vos amoso algunhas fotos do que fixeron os nen@s de infantil na aula de contos. 


En Primaria tamén festexaron este día da seguinte maneira:


20/10/21

Achégase o Día das Bibliotecas Escolares!

Como ben sabedes, a mín encántame a biblioteca, é o meu lugar preferido😍. E sabedes que? Entereime que este domingo, 24 de outubro, celébrase o día das Bibliotecas Escolares, e no Ponte dos Brozos estano a celebrar durante toda esta semana. 

Mandaron unhas propostas moi chulas a todo o colexio: 

- Unha selección de contos relacionados coa temática deste ano: a biblioteca ten a palabra


- Un xogo sobre mín e a biblioteca chamado: o Brocipalabra!!


- E para ir rematando, unha actividade para deixar exposto cal é o libro máis prezado de cada nen@.


Se queredes volver a xogar ou volver a ver algún conto, pinchade nos enlaces de debaixo das fotos.