Cos pequenos de 3 anos, que aínda non coñecían a aula de contos, fixemos un contacontos coa historia cantada “Me visto…¡Y te como!” e a canción “Juguemos en el bosque".
Acudiron á nosa pequena biblioteca tras ser convidados pola nosa mascota, Brociños, e recibiron de agasallo unha pequena casiña cunha réplica en miniatura da nosa mascota para que a coiden na clase contándolle moitos contos.
Despois do conto, xogamos a poñerlle e quitarlle a roupa ao lobo e falamos das normas que debemos seguir na Aula de Contos. Por último, levaron tamén un pequeno cartel do conto cun lobo para colorear.
Os maiores de 4 e 5 anos, que xa coñecen a Brociños e a aula de contos, recibiron unha invitación para comezar a usala de novo e un libro relacionado co proxecto que están a traballar en cada un dos niveles de Infantil: O Espazo e O Bosque.
No hay comentarios:
Publicar un comentario